Foto de MARIA XOSE QUEIZAN VILAS

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN VILAS

  • Fecha de nacimiento (1939 - Actualmente)
  • Lugar de nacimiento VIGO

É unha das figuras máis relevantes do panorama cultural da galicia de hoxe. A súa actividade, marcadamente polifacética, dá ó prelo en 1965 a novela obxectalista A orella no buraco, á que seguiron Amantia 1984, A semellanza 1988, O segredo da pedra figueira 1989, Amor de Tango 1992 e O solpor da cupletista 1995. En 1989 publicou a obra de teatro Antígona, a forza dlo sngue e a seguir os libros de poemas Metáfora da metáfora 1991, Despertar das amantes 1992 e Fóra de min 1994. No tocante ó seu labor ensaísstico, ten reflexionado desde unha óptica feminista en A muller en Galicia 1977. Tamén dirixe a revista Festa da palabra silenciada.