MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO
- Fecha de nacimiento (1958 - Actualmente)
- Lugar de nacimiento COSPEITO (LUGO)
Realizou estudios de Música, Psicoloxía e Filoloxía e na actualidade é director literario de Edicións Espiral Maior. A súa obra poética, traducida ó español, catalán, éuscaro e italiano, presente en numerosas antoloxías e distinguida con múltiples premios, inclúe, entre outros títulos, Seivas de amor e tránsito (1984), Memorial de brancura (1985), Livro das paisaxes vivas (1985), Entre água e fogo (1987), Trópico de luas (1992) e Poemas da lenta nudez (1994). Fernán-Vello tamén cultiva a literatura dramática e ensaio xornalístico, xénero no que, en colaboración con Francisco Pillado, publicou libros de conversas con Ricardo Carballo Calero e Xosé Manuel Beiras.