É un dos escritores galegos máis universais. A súa producción narrativa vaid desde os libros de relatos: Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas (1961), Elipsis e outras sombras (1974), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Arraianos (1991) -Premio da Crítica Galicia, Premio da Crítica Española e Premio Losada Diéguez -ás novelas: Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971), Antón e os inocentes (1976), Bretaña Esmeraldina (1987),- Premio da Crítica Galicia- e No ventre do silencio (1999) -Premio Eixo Atlántico. A sús obra poética con títulos como Con pólvora e magnolias (1976), O fin dun canto( 1982) ou Estirpe (1994) forma un corpus denso e diverso que determinou a evolución da poesía galega contemporánea.