Eventos de El Corte Inglés Santiago de Compostela

Letras Galegas 2025 – Sinatura de libros: Rosalía Morlan en El Corte Inglés Santiago de Compostela

  • Data: El 16 de maio
  • Horario: de 19:00 a 20:00
  • Prezo: 0.00 €
Letras Galegas 2025 – Sinatura de libros: Rosalía Morlan

O venres, 16 de maio, para conmemorar o Día das Letras Galegas, a poeta e escritora Rosalía Morlán estará na libraría El Corte Inglés de Santiago de Compostela asinando exemplares da súa obra.

Rosalía escribe ficción,  poesía e teatro. Fixo pública a súa vocación poética en 2010 co libro A coitada lúa (2010, mención honorífica do Premio de Poesía ARUME 2009), dedicado á súa neta, da que, di, serviu de inspiración para centrar a súa poesía no mundo dos nenos. Este libro séguelle na categoría infantil: Estrelas de azucre (2012), O castelo da Rocha Forte (2014), Canta a lúa coas estrelas (2015), O dragón Antón e o sapo Rosendo (2019). Tamén publicou a obra infantil O libro do mundo dos soños (2013).

En poesía para adultos Nas rúas de Compostela (2016) e Camelias de amor (2021).  

Gañou o Premio Brisa Marina de Poesía sobre o Mar 2011 e o Premio Hernán Esquío de Poesía (2012 e 2018), entre outros.

 

Rosalía Morlán Vieites (Trazo, 1959), Licenciada en Enfermaría (DUE), profesora asociada da Facultade de Enfermaría da USC e secretaria da Fundación Neira Vilas. 

Con seis anos chegou a vivir a Santiago de Compostela, e nunca saíu dunha cidade da que di: "é a miña, que me gusta moito, aínda que claro que non renuncio ás miñas orixes, á miña aldea de Vilariño", no seu Trazo natal, que está presente na súa produción literaria, como escenario emotivo. En marzo de 2025, foi recoñecida co título de "Filla predilecta de Trazo".

 

Achégate a coñecela e leva o seu libro asinado!

Categorías: Cultura, Libros

Como chegar

Pechado Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 6, 12, C5, C6, P3,

Edificio 1

Rúa do Restollal, 50 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

981 527 200