Margot sponer: Do galego antigo ás fronteiras da resistencia

Características
Compartir
Características

Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada Altgalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era un texto semellante en forma e funcións ao que M. Pidal publicara en 1919 sobre documentos medievais casteláns. A Margot Sponer tocoulle no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte á que nunca se someteu. Neste estudo inténtase reconstruír, de maneira entrecortada os datos son irregulares, unha vida de investigación, pero tamén de dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Apórtase documentación sobre a preparación do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a súa elaboración e presentación en Berlín en 1935. Con esta súa tese e como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlín, Margot Sponer apoiou a homologación da lingua galega como obxecto da ciencia filolóxica europea e contribuíu á internacionalización da nosa cultura como tradición de dignidade dende a Idade Media. Nunha época durísima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo, capacidade para identificar e soster os principios éticos da convivencia entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo pagou coa súa vida por defendelos. Este libro trata de mostrar a súa forza como persoa, como investigadora e como muller e de reivindicar para a tradición galega a súa memoria.

Dimensiones: 21 (alto) x 14 (ancho)

Nº de páginas: 128

Isbn: 9788484873761
Referencia: 001006521154929
EAN: 9788484873761
Editorial:
LAIOVENTO
Fecha de lanzamiento:
7 de diciembre de 2017
Género
Literatura
Subgénero
Historia de la Literatura
Idioma:
Gallego

Selecciona tipo de envío

INFORMACIÓN DE DEVOLUCIONES
  • España peninsular, Baleares y Canarias
    • Totales7,90€
    • Voluminosos30€
  • Ceuta y Melilla
    • Totales40€
Devolución GRATUITA en todas nuestras tiendas