Obradoiro de adornos de Nadal «Volver a crear»
- Ubicación:C/ Ramón y Cajal, 57, 15006 A Coruña
- Data:
- Horario:19:00 - 20:00
- Acceso:Capacidade con reserva previa

🎄 Obradoiro de adornos de Nadal «Volver a crear» 🎄
💥 O 17 de decembro convidámoste a vivir a experiencia de crear: un Nadal de papel con Cristina Velasco Mora.
Mergúllate nun encontro exclusivo no que deixaremos atrás o ritmo do día a día para volver a algo tan sinxelo como especial: crear coas nosas propias mans. ✂️
🎄 Neste obradoiro, as persoas asistentes deseñarán unha selección de adornos de Nadal de papel, xogando con formas, volumes, cores e diferentes técnicas para crear pezas coas que decorar a árbore ou algún recuncho especial da casa.
🙌 Cada peza converterase nunha creación única, elaborada con coidado e sensibilidade, que reflectirá a esencia dun Nadal artesanal e consciente.
Cada participante poderá darlle o seu toque persoal ás pezas e, ao rematar o obradoiro, levará para a casa os seus propios adornos, xa rematados e listos para formar parte do seu Nadal. 🎄
Non é necesario ter experiencia previa. A idea é gozar do proceso, descubrir as posibilidades do papel e recuperar ese pracer de facer algo desde cero, sen présas e deixando espazo á creatividade.
⭐ Un encontro creativo para desconectar, compartir e, sobre todo, volver crear.
- - Hora: o obradoiro celebrarase ás 19:00 h.
- - Lugar: 7ª planta.
- - Inscricións a partir do 1 de decembro: eventosacoruna@elcorteingles.es
- - As prazas son limitadas.