Buzón «Luces de cores» de Asotrame
- Ubicación:C/ Gran Vía, 25, 36203 Vigo, Pontevedra
- Data:
- Horario:10:00 - 22:00
- Acceso:Libre

🎄📫 Buzón «Luces de cores» en El Corte Inglés de Vigo
- Ata o 9 de decembro
- Departamento de Xoguetes – 5ª planta
El Corte Inglés de Vigo súmase ao proxecto artístico e solidario «Luces de cores», impulsado pola Asociación Galega de Persoas Transplantadas de Medula Ósea e Enfermidades Oncohematolóxicas (Asotrame).
Unha iniciativa que busca achegar un pouco da maxia do Nadal 🎄 aos pacientes con cancro hematolóxico que pasarán estas datas tan especiais en hospitais galegos como o Álvaro Cunqueiro, a través de postais deseñadas por particulares. A 5ª planta de El Corte Inglés converterase, ata o 9 de decembro, nun punto de recollida.
🌈 Para participar en «Luces de cores» só hai que deseñar —debuxar, pintar, troquelar...— unha postal de Nadal, engadir un bo desexo de cara ao ano 2026 e depositala neste buzón tan especial. O conxunto das postais recibidas repartirase, un ano máis, entre pacientes de leucemia, linfomas, mielomas múltiples e outros cancros do sangue que pasen o Nadal no Hospital Álvaro Cunqueiro.
Asotrame colabora co CHUVI e conta cunha presenza quincenal no Cunqueiro para informar e asesorar pacientes e familiares. Este hospital é un centro de referencia en materia de transplantes de medula ósea e tamén de terapias avanzadas CAR-T. Neste centro desenvolve, ademais, o programa de voluntariado «Apoio entre iguais».