Foto de XOSE NEIRA VILAS

XOSÉ NEIRA VILAS

  • Fecha de nacimiento (1928 - Actualmente)
  • Lugar de nacimiento GRES, VAL DO ULLA

Van alá cen anos. Coa explosión do acorazado Maine, a guerra hispano-norteamericana e o Tratado de París, caducaba en 1898 o colonialismo español en América e nacía o voraz imperio neocolonizador do Norte. A contenda entre cubanos e españois trocou de rumbo por obra dos que dende ben antes procuraban apañar a «froita madura».Moitos galegos emigrados uníranse ós insurrectos cubanos e loitaran pola independencia da Illa. Andando o tempo, outros máis adoptarían conscientemente a mesma actitude, ó longo deste século, participando nas loitas sociais en xeral, e ata na guerra que conduciu ó triunfo popular de 1959. De todo esto trata o presente libro.Xosé Neira Vilas, que altema a ficción literaria co xornalismo e a investigación histórica, trainos esta vez unha manda de singulares noticias, recollidas nas fontes orixinais durante as tres décadas que residiu na Habana.