Foto de ERICA ESMORIS

ÉRICA ESMORÍS

  • Fecha de nacimiento (1977 - Actualmente)
  • Lugar de nacimiento A Coruña

pasa horas diante do seu ordenador, para o que tanto aforrou e ao que adora na intimidade da luz do flexo. Gústalle a comida xaponesa e o verán. Séntese moi orgullosa do seu gato, Señor Pepe. Non lle gustan os espertadores, tampouco facer a cama. Da súa infancia destaca a súa tenacidade, que non teimosía, por converterse ''de maior'' en veterinaria e escritora; ademais da súa admiración por Pippi Langstrumpf... O primeiro conseguiuno, aínda que axiña se decantou polo mundo imaxinario dos contos e o segundo levouna ata Gotland, en Suecia, ata a mesmiña casa de Pippi. En Sushi Books ten publicado O poder de Amabel (2013).