GLORIA SÁNCHEZ

Coñecín a Gloria van alá unha chea de anos, pois adoita chamarnos para participar nas súas obras de teatro, nos seus relatos e na súa poesía. Por todos os seus libros pululan bichos de toda clase e condición, e moi en particular nós, os ratos. A súa afección pola fauna lévaa a bicar a todas as ras coas que se atopa, por se acontece un milagre. Ben que, ela... non é unha pricesa. A Ratiña.