JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

  • Fecha de nacimiento (1971 - Actualmente)
  • Lugar de nacimiento Vigo

Dende pequeno debuxa e escribe para contar as historias que saen da súa cabeza. Así fai libros ilustrados, cómics e cadros. Ás veces tamén debuxa historias que saen doutras cabezas, como a de Érica. O resto do tempo está durmindo e paseando. Algúns dos seus libros son Os amigos de Archimboldo Roque, A pedra e as formigas, Mil cousas poden pasar ou a serie Marcopola, a Illa Remeira.