Foto de MANUEL LOURENZO GONZALEZ

MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ

  • Fecha de nacimiento (1955 - Actualmente)
  • Lugar de nacimiento VILABOA, (PONTEVEDRA)

É licenciado en Pedagoxía e profesor de lingua e literatura galegas nun instituto de Pontevedra. Membro da xunta directiva da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Coautor, xunto a Luis Bará, da serie de materiais curriculares Lingua e Literatura Galegas para o 2º ciclo da ESO que publicou Edicións Xerais de Galicia. Ten publicados os libros de relatos Algúns outros (1991); Da esfinxe (1992); As paisaxes compartidas (1996, PremioCarvalho Calero); e Noites de papel (remioCafé Dublín, 1995). Así como as novelas: No outono das fragas (1995); Arqueofaxia (1995, Premio García Barros); Tanis I O Mocos (1998) e O que é a vida ( 2001) Asemade, participou nos libros colectivos Muralla de Cresconio, 2º volume (Premiado no Concurso Cidade Vella de Santiago), e obtivo os Premios Pedrón de Ouro do ano 1990, Galicia Solidariedade (1994) e o do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho (1990). Ten publicada a obra de teatro Auto do Entroido (1995), recibindo galardóns en diversos certames de teatro infantil.