Foto de MANUEL SEIXAS

MANUEL SEIXAS

  • Fecha de nacimiento (1961 - Actualmente)
  • Lugar de nacimiento VILAGARCÍA

Profesor de Filosofía en Vilanova de Arousa, ten participado en varios proxectos musicais e é membro do grupo Korosi Dansas, co que sacou á rúa en 1995 Cordura e o segundo C.D., Non!, en 1996. Recibiu o Premio de Novela Curta Concello de Marín en 1994, e ten publicado o libro de relatos Viñeron do espacio exterior (1996).A velocidade do frío, a súa primeira novela, proponnos unha visión desacougante das relacións humanas. Os protagonistas, personaxes desequilibrados, viaxan por unha horrorosa autovía que os conduce dende a frustración á procura obsesiva da morte ou ó crime.