NARCISO LUACES PARDO

  • Fecha de nacimiento (1929 - Actualmente)
  • Lugar de nacimiento ORTIGUEIRA. A CORUÑA. ESPAÑA

Narciso Luaces Pardo naceu en 1929 no lugar de Meixido, perteneciente á parroquia de San Paio do Freires, no concello de Ortigueira. De neno combinou a asistencia á escola coa axuda á familia nos traballos agrícolas, mais desde os quince alos dedicouse plenamente á que foi a súa profesión: labrego. Con menos vinte anos pasou a desempeñar un labor activo nas Sociedades Agrarias continuando un compromiso colectivo que xa caracterizara os seus devanceiros. De formación autodidacta, o autor de 'O carreiro. Memorias do tío Santos' é colaborador do semanario La Voz de Ortigueira así como doutras publicacións relacionadas coa comarca ortegueisa. Ademais de ser un dos fundadores das Edicións O Paporroibo, este home altruísta participa activamente noutras asociacións culturais. A súa disposición desinteresada foi tamén aproveitada polos centros de ensino, nos que participou en xornadas de divulgación da apicultura. Desde 1999 mantén aberto ó público o Museo Etnográfico de Meixido, que reúne centenares de pezas por el mesmo recollidas, restauradas e catalogadas.