Foto de RAMON GUTIERREZ IZQUIERDO

RAMÓN GUTIÉRREZ IZQUIERDO

  • Fecha de nacimiento (1956 - Actualmente)
  • Lugar de nacimiento OURENSE

Cursou Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía e Pedagoxía) na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente dedicouse ao estudio da Lingua e Literatura galegas. Impartiu clases destas materias nos Institutos das Lagoas e Blanco-Amor (Ourense) e no Instituto de Allariz. Na actualidade é profesor titular da Escola Universitaria de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo. En colaboración con Gonzalo Navaza e Luciano Rodríguez preparou o libro Literatura galega (Xerais, 1982) cando esta disciplina se incorporou aos plans de estudio de Bacharelato, e xunto cos mencionados autores levou a cabo unha nova versión desta obra en 1991. Ten organizado e impartido diversos cursos de literatura dirixidos a profesores e licenciados en Filoxía, e tamén puclicou artigos referidos á literatura galega nalgunhas revistas como A Trabe de Ouro e o Boletín galego de Literatura.