VÍTOR VAQUEIRO

  • Fecha de nacimiento (1948 - Actualmente)
  • Lugar de nacimiento VIGO

Estudiou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago e despois duns anos de exercicio docente no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, unha actividade en torno á cal impulsou numerosas actividades. A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os 80 e ó que legou títulos como Lideiras entre a paisaxe (1979), Informe da gavilla (1980), Camiño de Antioquía (1982, Premio Esquío), A fraga prateada (1983, Premio da Crítica Española) e A cámara de néboa (1989). 0 seu primeiro libro de narracións foi 0 soño dirixido (1992). Nos últimos anos desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación, froito do cal son os libros Guía das festas populares de Galicia (1997, en colaboración con X. M. González Reboredo) e Guía da Galiza máxica (1998).