Inventario ilustrado das árbores (Tapa dura)

Características

Frondosas, coníferas, palmeiras. Árbores de todo o mundo nun compendio interdisciplinar que abranque aspectos científicos, ecolóxicos e simbólicos, con ilustracións de estilo naturalista. «Inventario ilustrado das árbores» reúne preto de 60 especies arbóreas europeas e do resto do mundo: frondosas, coníferas, palmeiras. Ademais dun sinxelo vocabulario ilustrado relacionado cos distintos tipos de follas, bosques e cortizas, as autoras detallan o nome científico de cada planta, a altura e a lonxevidade que pode acadar, entre outros datos, que acompañan con debuxos de detalle das flores ou dos froitos, e dos animais que frecuentan esas árbores. As ilustracións son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas de antano: perfís feitos con rotulador e tinta chinesa, e acuarelas que favorecen o xogo de cores e transparencias para reflectir as texturas e as tonalidades. Un libro que ademais do contido técnico, tamén incide na función ecolóxica dos bosques, no factor socioeconómico do sector madeireiro, así como da importancia simbólica e poética desta vexetación.

Dimensiones: 30 (alto) x 21,5 (ancho)

Nº de páginas: 80

Peso: 522 g

Isbn: 9788415250647
Referencia: 001006540228662
EAN: 9788415250647
Editorial:
Faktoria k de libros
Fecha de lanzamiento:
13 de marzo de 2014
Subgénero
De 6 a 9
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
CIENCIA - ANIMAIS EXTRAORDINARIOS
Ilustrador:
Tchoukriel, Emmanuelle
Título original:
INVENTARIO DAS ÁRBORES. (ILUSTRADO)

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.