Un clásico sobre a amizade, a colaboración e o valor das diferenzas.
A xirafa e o rato non poderían ser máis diferentes: unha é enorme
e o outro, diminuto; unha come follas e o outro, sementes; unha prefire
o día e ao outro encántalle a noite. Unha mañá, encóntranse baixo unha
árbore e comezan a discutir acaloradamente sobre as vantaxes e os
inconvenientes do tamaño. Mais cando se declara un incendio que
ameaza con destruír a sabana e pon as súas vidas en perigo, ambos
terán que deixar a súa discusión a un lado e unir forzas para salvarse.
Publicado por primeira vez en inglés en 1966, “A xirafa e o rato” é
un clásico contemporáneo sobre a amizade, a colaboración e como as
diferenzas poden converterse en fortalezas. Co seu estilo característico,
Tomi Ungerer presenta unhas escenas sinxelas, suavemente coloreadas,
en que a expresividade dos personaxes se combina con sutís pinceladas
cómicas.
Nº de páginas: 32
Recogida en tienda gratis
No incluye adaptador
El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.