Continuando o relato iniciado polo primeiro volume -Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais 2013)- e polo segundo -Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento (Xerais 2014)-, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 -data da fundación das Irmandades da Fala- e xullo de 1936 -momento en que deu inicio a Guerra Civil española-. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso -a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro- non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco. Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante -en interacción continua- da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen.
Dimensiones: 240 (alto) x 170 (ancho)
Nº de páginas: 520
Peso: 884 gr
Isbn: 9788491211075
Referencia: 001006521421914
EAN: 9788491211075
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
6 de octubre de 2016
Subgénero
Historia de la Literatura
Género
Literatura
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA
Colección descripción:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA