
Lecturas. Ensalada de letras. 1 Primaria. Xerme. (Tapa blanda)
- Autor/Autora:VARIOS AUTORES
- Editorial:SM
Os libros Ensalada de letras reúnen lecturas breves para entreter os primeiros lectores, con textos variados e ilustracións de diferentes estilos. Este libro propón a lectura de numerosos textos literarios e doutras tipoloxías textuais. En cada unidade aparecen sete tipoloxías diferentes, entre as que hai narracións, poemas, cómics, obras de teatro, textos da vida cotiá e textos da tradición popular. As seccións que contén cada unidade son as seguintes: 1. A hora do conto: un conto de agora co encanto dos contos de sempre, para que te emociones, rías e penses. 2. Nenos coma ti...: nenos que rin, xogan, se aburren ou dan un concerto. Todo iso... en verso. 3. Superleo: un cómic protagonizado por Superleo, o león máis fachendoso da sabana. No seu superlibro atopa as solucións para todo. Por algo é o superheroe que mellor le: un auténtico 'león'. 4. Arriba o pano!: unha obra de teatro protagonizada por nenos. Non perdas esta oportunidade de converterte en actor ou actriz. 5. Dona Despistes: un divertido conto-xogo protagonizado por Dona Despistes, unha profesora moi despistada. Le con atención, fíxate no debuxo e descubre os seus despistes. 6. De dous en dous: adiviñas, trabalinguas, panxoliñas, chistes, cancións... que sabían os teus avós e que paga a pena lembrar. 7. O Mago Chas: un texto da vida cotiá do mago Chas, como instrucións para a variña máxica, menús, catálogos, receitas... e ata feitizos! Lecturas de todos os días cun toque máxico. Despois de cada lectura inclúense preguntas sinxelas de comprensión lectora. Con iso, ademais de espertar o gusto pola lectura con textos adaptados á idade dos lectores, desenvólvense competencias como a habilidade de identificar e comprender textos de diferentes tipoloxías, a mellora da atención para poder adquirir coñecementos, así como a potenciación do razoamento lóxico como medio para interpretar e comprender mellor as situacións do contorno e como a mellor estratexia para atopar solucións. @import url(http://ecat.gesm.net/CuteSoft_Client/CuteEditor/Load.ashx?type=style&file=SyntaxHighlighter.css);;O libro de lecturas Ensalada de letras é un material complementario da área de Lingua de SM Xerme, pensado para que todos os nenos e nenas aprendan con seguridade, desenvolvan as súas capacidades e relacionen o que aprenden coa súa vida. Neste libro, os primeiros lectores atoparán textos adaptados á súa idade e intereses, cos que se iniciarán no hábito lector de xeito variado e divertido. @import url(http://ecat.gesm.net/CuteSoft_Client/CuteEditor/Load.ashx?type=style&file=SyntaxHighlighter.css);
Dimensiones: 29 (alto) x 22,5 (ancho)
Nº de páginas: 176
Peso: 694 gr
- Editorial:
- SM
- Fecha de lanzamiento:
- 18 de junio de 2025
- Subgénero
- Primero Primaria
- Género
- Libros de Texto
- Idioma:
- Gallego
- Ilustrador:
- Decís, AnneValverde Tejedor, MikelSantolaya Ruiz Clavijo, AntoniaLabari Ilundain, José ÁngelMenéndez Gutiérrez, MargaritaZabala, JavierDelgado Acevedo, Jesús
- Título original:
- G-1 EP ENSALADA DE LETRAS - LECTURAS 19
Hasta el 11 de octubre
Forrado de libros
Precio unidad: 1,5€ o aplica el cupón FORRADO26 a partir de 6 libros y obtendrás una tarifa especial de 7,95€.