Por que contará estrelas?, preguntáronse os nenos que, de madrugada, saían cazar ras verdevermellas. Unha pregunta inocente, mesmo intranscendente, acaba revolucionando todo un reino, e mesmo implicando as súas máis altas instancias, na procura dunha resposta que soamente chegará tras arduas singraduras por mares e montañas e... ata máis alá do fin do mundo!