DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións que lles cantaban aos cativos (Tapa blanda)

Características

En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de &non ficción&. Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Wallace e Jonathan Franzen. A acción d´As cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha. Sobre As cancións& a crítica escribiu: &Raúl Dans produce unha peza de valor, en diversos sentidos: dramático, ideolóxico e literario& (Xesús González Gómez). &Xentes sen pasado, sen presente, sen futuro. O conflito particular tórnase universal& (Manuel F.Vieites). &É un pracer asistir aos xiros, engados e reviravoltas que propón o autor& (Xerardo Couto). &As cancións& resulta un difícil pero revelador exercicio de indagación no real social e persoal, unha aprendizaxe dura, que manca tanto como galvaniza, que proe porque nos fai máis fortes e conscientes. A vida que supura.& (Armando Requeixo). &Un texto, coma todos os deste escritor, para ler e, por suposto, tamén para representar& (Miguel Sande).

Dimensiones: 21 (alto) x 14 (ancho)

Nº de páginas: 252

Peso: 330 g

Isbn: 9788484875307
Referencia: 001006534264400
EAN: 9788484875307
Editorial:
LAIOVENTO
Fecha de lanzamiento:
29 de junio de 2021
Subgénero
Lingüística - Filología
Género
Filología
Idioma:
Gallego
Colección:
TEATRO
Número de colección:
398
Número de edición:
1
Título original:
DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINI

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.