
Lingua galega e literatura 1º Bach. LOMLOE
- Autor/Autora:VARIOS AUTORES
- Editorial:BAIA EDICIONS
Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Este material inclúe materiais debidamente revisados, postos ao día e adaptados ao novo currículo, cun formato de presentación en 16 unidades, cun Glosario e un Anexo gramatical finais. Estes materiais foron experimentados e mellorados ao longo de moitos cursos e son o froito dunha práctica docente constante e real, a pé de aula. As unidades atenden desde un enfoque competencial, mediante recursos tanto teóricos como prácticos, os dez grandes obxectivos do nivel e os catro grandes bloques de contido que contempla o novo currículo: "As linguas e os seus falantes", "Comunicación", "Educación literaria" e "Reflexión sobre a lingua". A novidade fundamental que incorpora o manual de Lingua Galega e Literatura de 1º de Bacharelato con respecto a anteriores edicións constitúena os PROXECTOS. Os proxectos son un conxunto de 64 propostas, a razón de 4 por Unidade, que, facendo pé nunha base firme de contidos substanciais e rigorosos, atende tanto os procesos como os produtos e permite a abordaxe de aspectos como a igualdade de xénero, a diversidade sexual, a natureza, a lusofonía, a multiculturalidade, o coñecemento do medio xeográfico e social, a interacción interxeracional... Cada un destes aspectos aparece identificado no libro pola correspondente icona, de maneira que sexa máis doado organizar a súa abordaxe e secuenciación opcional ao longo do curso. Este conxunto de proxectos que ofrecemos ten como obxectivo que o alumnado, individualmente ou de forma colectiva, consulte fontes de información variadas e interdisciplinares; realice traballos incorporando formatos multimodais mediados polas novas tecnoloxías e relacionados cos diferentes ámbitos de comunicación; realice exposicións e argumentacións orais con diferente grao de planificación sobre diversos temas de interese; aprenda a investigar de maneira autónoma con rigor e espírito crítico; e despregue, en derradeira instancia, a súa creatividade e autoestima. Particularmente, esta proposta persegue desenvolver as seguintes habilidades ou competencias: - o traballo en equipo. - as competencias dixitais. - as competencias orais multimodais. - a capacidade de producir textos escritos multimodais coherentes. - o sentido crítico e a selección de información pertinente. - a autoestima e a creatividade, convertendo o alumnado no protagonista do proceso de aprendizaxe. - o traballo interdisciplinar (música, historia, xeografía, TIC, ciencias naturais...) As propostas de PROXECTOS enunciadas no libro compleméntanse na Aula Virtual con indicacións, orientacións metodolóxicas, bibliografía e webgrafía.
Dimensiones: 27 (alto)
Nº de páginas: 392
- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Fecha de lanzamiento:
- 16 de septiembre de 2024
- Subgénero
- Primero Bachillerato
- Género
- Libros de Texto
- Idioma:
- Gallego
- Colección:
- LIBRO DE TEXTO
- Número de edición:
- 1
- Título original:
- LINGUA GALEGA Y LITERATURA 1 BACH
Hasta el 11 de octubre
Forrado de libros
Precio unidad: 1,5€ o aplica el cupón FORRADO26 a partir de 6 libros y obtendrás una tarifa especial de 7,95€.