Para viaxar coa imaxinación a lugares fantásticos, experimentar aventuras trepidantes e coñecer a personaxes insólitos, esta serie de contos marabillosos, que nos obsequian sabedoría e tenrura, humor e ledicia, medo e terror... Este libro de relatos é unha mostra dos mellores contos do narrador Tim Bowley, ilustrados por Óscar Villán co seu inconfundible estilo. Contos do mundo, sobre reis e princesas, mundos fantásticos e animais parlantes. O humor e a ledicia, a tenrura, o medo e o terror, están presentes nestas historias que nos permiten facer viaxes imaxinarias ata fragas enmarañadas, vales profundos ou altas montañas, para coñecer personaxes inauditos e experimentar aventuras trepidantes. Contos marabillosos cheos de sabedoría!
Dimensiones: 23,5 (alto) / Nº de páginas: 112 / Peso: 456 g