Pequeno azul e pequeno amarelo

Características

Libro precursor que xa é un clásico da literatura. Sinxeleza e harmonía convertidas en obra de arte grazas ao talento de Leo Lionni. Cando lle preguntaron á ilustradora alemana Jutta Bauer polo libro &Pequeno Azul e Pequeno Amarelo&, calificouno como &a obra dun mestre&. Leo Lionni empregou un sistema tan eficaz e sinxelo como uns anacos de papel e unhas poucas palabras, para contar unha historia entrañable. KALANDRAKA recuperou este conto maxistral que, malia remontarse a 1959, foi precursor na súa época e mantén aínda toda a súa vixencia. A historia destaca pola tenrura e pola orixinalidade da proposta plástica, en perfecta harmonía cun texto a base de frases simples e descritivas. Dúas pequenas cores fúndense nun abrazo sen decatarse de que se converten nunha nova cor, o que fai que ninguén as recoñeza. As bágoas fanlles recuperar a súa forma orixinal, un descubrimento que celebran e comparten con todos os seus amigos. É así como, a partir de entón, xogarán a crear novas gamas cromáticas. Baixo a aparente naturalidade deste relato subxace unha historia que enxalza a amizade, a inocencia, a identidade individual e colectiva; á vez que os primeiros lectores reciben unha lección artística sobre cores, tamaños e direccións. Aplicada a estes tempos, Leo Lionni transmite que non importan as diferenzas entre as persoas cando o relevante é a solidariedade, a comprensión e a convivencia.

Dimensiones: 22 (alto) / Nº de páginas: 48 / Peso: 368 g

Isbn: 9788484647959
Referencia: 001006539892064
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA
Fecha de lanzamiento:
1 de noviembre de 2022
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
TRAS OS MONTES
Ilustrador:
Lionni, Leo
Título original:
PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.