Química 2º Bach.

Características

Baía Edicións presenta o texto de Química 2.º de Bacharelato, resultado da revisión e modificación de edicións anteriores, tendo en conta o Decreto 157/2022, de 15 de setembro, que regula o currículo do bacharelato en Galicia. Os contidos organízanse en nove temas referidos aos catro bloques que define o currículo: Destrezas básicas, Ligazón química e estrutura da materia, Reaccións químicas e Química orgánica. En cada tema faise o desenvolvemento teórico acompañado dunha serie de Exercicios resoltos que pretenden servir de guía e axuda ao alumnado para conseguir os obxectivos. Ao final de cada tema formúlase unha serie de Actividades propostas sobre situacións problemáticas a resolver partindo dos saberes adquiridos. Levan indicada a solución numérica para facilitar o traballo autónomo e fomentar a competencia de aprender a aprender. Complétase cunha revisión do estudado nas Actividades de repaso, coas solucións numéricas. Estas recollen todas as cuestións e problemas que se propuxeron nas PAU e ABAU de Galicia entre os anos 2003 e 2022. As Prácticas de laboratorio axudan a afondar en certos coñecementos e a conseguir habilidades experimentais, que completan as Destrezas básicas da química. Tamén propoñemos Actividades TIC, a realizar en grupo ou individualmente, baseadas na realización de pequenos proxectos de investigación, empregando as tecnoloxías de información e da comunicación como ferramenta. Permiten visibilizar as aplicacións da química á vida e a relación con outros campos de coñecemento. Completan o texto os Mapas conceptuais de cada tema e un Apéndice coas principais cons tantes físicas e químicas e a táboa periódica.

Dimensiones: 24 (alto) x 17 (ancho)

Nº de páginas: 384

Isbn: 9788499954295
Referencia: 001025562708112
EAN: 9788499954295
Editorial:
BAIA EDICIONS
Fecha de lanzamiento:
26 de octubre de 2024
Subgénero
Segundo Bachillerato
Género
Libros de Texto
Idioma:
Castellano
Colección:
LIBRO DE TEXTO
Número de edición:
1
Título original:
QUÍMICA 2.º BACH (2023)
Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.