
Coas mans baleiras (Tapa dura)
- Autor/Autora:ANA TORTOSA
- Editorial:OQO EDITORA
&E se lle levo auga de mar?. Non, iso xa o ten, porque o mar está no seus ollos. É o aniversario de Mario e Alba está convidada a merendar na súa casa. Non sabe que regalarlle e, polo camiño, vai pensando nun obsequio para o seu amigo. Ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando se quere algo especial. Ana Tortosa elixe un título revelador, &Coas mans baleiras&, para este conto que presenta valores moi afastados dos que a sociedade de consumo trata de impoñernos. Da man da protagonista deste álbum, descubriremos que o mellor regalo non é o que nos ofrece unha moda imposta por modas ou mercados. O agasallo é unha mostra de afecto ou gratitude que pode ir moito máis alá do material, explorando outras alternativas: a natureza, a imaxinación, a creatividade& Ademais o álbum esixe unha lectura atenta para resolver o reto que nos propón: adiviñar a identidade do misterioso Mario antes de chegar ao final, fiando as pistas que Jana nos ofrece ao longo do relato. Cecilia Varela encheu de luz e vida as páxinas do libro. As súas continuas referencias ao mar e os motivos mariños (o temón, a praia, o faro, a buguina...) son unha metáfora dese mar de preguntas polo que navega Jana en busca do mellor agasallo para o seu amigo. Dous personaxes, un gato negro e un polbo, acompáñana na súa aventura. Ambos son animais vinculados á cultura mariñeira. A historia dos navegantes está chea de relatos de polbos xigantes, aínda que este de Cecilia Varela é traste e rebuldeiro. Tamén, tradicionalmente, os mariños viaxaban con gatos a bordo para controlar os ratos. Un álbum ilustrado poético, delicado e directo que nos axuda a reflexionar sobre a demostración de afecto, potenciando aprendizaxes ricas en valores e benestar emocional.
Dimensiones: 23 (alto) x 250 (ancho)
Nº de páginas: 36
Peso: 470 g
- Editorial:
- OQO EDITORA
- Fecha de lanzamiento:
- 14 de septiembre de 2023
- Subgénero
- De 3 a 5
- Género
- Infantiles
- Idioma:
- Gallego
- Colección:
- COLECCIÓN O
- Colección descripción:
- colección O
- Ilustrador:
- Varela, Cecilia
- Título original:
- COAS MANS BALEIRAS