Os de arriba e os de abaixo (Tapa dura)

Características

Onde che gustaría vivir, arriba ou abaixo? Unha historia sinxela e orixinal para ler do dereito e do revés, do revés e do dereito... Este álbum destaca pola sinxeleza e orixinalidade da súa proposta narrativa e estética. Parte da concepción do mundo ao revés, dunha especie de reflexo da realidade nunha dimensión paralela. Lonxe de imaxinar que practican estilos de vida diferentes ou antagónicos, a formulación consiste en que son mundos que conviven, comparten costumes e se complementan, coa única diferenza de que os acontecementos transcorren en planos opostos... que se se dobran, poden atoparse e coincidir. Un álbum para ler do dereito ou do revés, a gusto do lector; ideal para compartir a dúas bandas. As ilustracións preséntannos unha peculiar veciñanza, con personaxes de formas básicas, escenas simétricas, cores suaves e cálidas que xogan cos contrastes.

Dimensiones: 22 (alto)

Nº de páginas: 36

Peso: 350 g

Isbn: 9788484646914
Referencia: 001006540739080
EAN: 9788484646914
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
14 de marzo de 2024
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
DEMADEMORA
Número de edición:
1
Ilustrador:
Valdivia, Paloma

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.