CANTA XENTE SE NECESITA...? (Tapa dura)

Características

Un orixinal libro-xogo para pensar e compartir sobre os afectos, a convivencia e a solidariedade.

Somos animais sociais. Desde que chegamos ao mundo necesitamos ao noso lado persoas que nos coiden, que nos apoien e que nos queiran, persoas que

nos axuden a crecer e a compartir, persoas coas que poder construír un mundo mellor. Este álbum convídanos a reflexionar sobre estes aspectos dun modo poético e sinxelo, ao alcance dos máis pequenos; tamén a repensar o concepto de comunidade e a valorar as relacións humanas e a convivencia.

A obra, ideal para compartir a calquera idade, preséntase como un xogo de preguntas e respostas que permite responder libremente a cada lector ou lectora ou darlle a volta ao libro e, coma se se tratase da solución dunha adiviña, ler a resposta oculta que a autora nos propón. As ilustracións a dobre páxina son divertidas colaxes cheas de humor e de cor que achegan nova información que nos axudará a reflexionar e a responder ás cuestións que

aquí se formulan. Atrévete a pensar por ti mesmo, non hai respostas incorrectas!

Dimensiones: 31 (alto) x 36 (ancho) cm / Nº de páginas: 36

Isbn: 9788413432922
Referencia: 001006540398861
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
9 de octubre de 2024
Subgénero
Más de 12
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Catalán
Traductor:
Rodríguez, Manuela
Colección:
DEMADEMORA
Número de edición:
1
Ilustraciones:
Color

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.