Non é unha caixa, é unha cidade (Tapa dura)

Características

Tras &Non é unha caixa&, un novo álbum de Antoinette Portis sobre o valor da creatividade, a colaboración e o traballo en equipo. O pequeno coello quere construír unha cidade de cartón. Amorea unha caixa enriba doutra e non quere axuda de ninguén: nin da alta xirafa nin das pequenas e fortes formigas, nin sequera do camaleón, excelente pintor. Pero que é unha cidade de cartón sen amigos? Escrito e ilustrado coa mesma encantadora simplicidade que fixo de &Non é unha caixa& un éxito internacional, as imaxes de Antoinette Portis, compostas por figuras debuxadas a man e anacos de caixas recicladas de diversos tamaños, están cheas de detalles: edificios de equilibrios imposibles, ringleiras de pequenas formigas que transportan caldeiros de pintura, rechamantes cores a medida que o cartón se pinta, se corta e se pega formando un divertido conxunto urbano... Finalmente, &a miña cidade& convértese en &a nosa cidade!&, na que todos os veciños construtores saúdan dende as xanelas. Un álbum que pon de novo en valor a creatividade infantil e as infinitas posibilidades de xogo cunhas simples caixas de cartón fronte aos actuais e sofisticados xoguetes electrónicos. Unha historia que enxalza a amizade, a solidariedade e o traballo creativo en equipo.

Dimensiones: 22 (alto) x 22 (ancho) / Nº de páginas: 40

Isbn: 9788413433684
Referencia: 001006540773709
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
11 de marzo de 2025
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Inglés
Traductor:
Heras, Chema - Martínez, Pilar
Colección:
DEMADEMORA
Número de edición:
1
Ilustraciones:
Color
Ilustrador:
Portis, Antoinette
Título original:
NON É UNHA CAIXA, É UNHA CIDADE

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.