Akkú, un neno do pobo chukchi, sae de pesca na noite polar e descobre que miles de belugas quedaron atrapadas nun estanque de xeo. Alertado por Akkú, o xefe dos chukchis mobiliza a súa comunidade e os gobernantes da zona para buscar unha solución. Desde Rusia chega o capitán Kovalenco co seu poderoso rompexeos Moskvá, que logra abrir un camiño no xeo. Porén, as baleas non se moven. Considéranse moitas novas propostas, pero ningunha parece axeitada. É entón cando Akkú ten unha idea enxeñosa e pouco convencional: usar música. Baseada nunha historia real.
Dimensiones: 21 (alto) x 27,5 (ancho) / Nº de páginas: 32 / Peso: 358 g