A Lucía sempre lle gustaron as chaves inglesas, a graxa e os motores, pero, de repente, a fábrica onde traballa como mecánica pecha e decide aceptar un traballo que nunca imaxinou: aprendiza de zapateira. Co seu enxeño, os zapatos do barrio comezan a facer cousas extraordinarias. A xente amoréase para conseguir cita con Lucía, e esta convértese, sen pretendelo, na mellor zapateira... mecánica! Entre tortas de mazá e festas secretas cos compañeiros na antiga fábrica, Lucía descobre que, ás veces, os cambios traen sorpresas inesperadas. Unha historia de superación, chea de humor, enxeño e compañeirismo.
Dimensiones: 19 (alto) x 13,5 (ancho) / Nº de páginas: 80 / Peso: 135 g