Lis quere ser cabaleira, e acompañada do seu amigo Bigotes internarase no Bosque das Sombras. Mais os perigos son máis difíciles do que ela pensaba, e en ocasións tamén poden vir do noso interior. Conseguirá superalos e chegar a ser unha cabaleira coma a das lendas? Lis e o Bosque das Sombras é a historia de afouteza e solidariedade na que descubrir o que de verdade importa. Atréveste a adentrarte no Bosque con ela?
Dimensiones: 25,5 (alto) x 18,5 (ancho) / Nº de páginas: 48 / Peso: 290 g