A neve e o lume

Características

A neve e o lume representa unha achega á literatura galega da narrativa gótica, á vez que unha sentida homenaxe á poetisa arxentina Alejandra Pizamik, da que se recuperan diversos poemas que serven de motivo introdutorio a cada un dos capítulos da novela. Negraneve, a protagonista da historia, ten que superar a protección da Cociñeira e do Leñador, os seus pais, ante a Xente de Arriba da Gran Mansión, onde viven atrapados, como resultado dunha maldición invocada nun aquelarre nunha noite do solsticio de verán, e os seus propios medos ao descoñecido para mostrar a súa auténtica beleza e liberar, ao tempo, os seus país da carga que arrastraban dun tempo doutra época. É unha alegoría da vida, unha aproximación ao seu misterio e aos medos que provoca, tamén un canto á natureza, motivos que levan á autora a adoptar unha fermosa linguaxe literaria e unhas meditadas pausas narrativas que a aproximan ao xénero poético, por unha banda, e á literatura de tradición oral, pola outra. Tamén, unha viaxe para escapar do tempo pasado, unha viaxe na procura da liberación.

Nº de páginas: 128

Isbn: 9788499950457
Referencia: 001006539554706
EAN: 9788499950457
Editorial:
BAIA EDICIONS
Fecha de lanzamiento:
4 de diciembre de 2012
Subgénero
De 10 a 12
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
INFANTIL-XUVENIL
Subcolección
MEIGA MOIRA
Título original:
24.A NEVE E O LUME

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.