Compendio de herbas máxicas

Características

Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vitais estaban vinculadas aos seus ciclos naturais e, polo tanto, eran grandes observadores das súas bondades e crueldades. Co tempo fixémonos moi hábiles no coñecemento das súas calidades, sobre todo das plantas, usándoas para curar e cubrir as nosas necesidades físicas e espirituais. Só recentemente, co desenvolvemento da ciencia moderna, se deixou de lado o uso místico e espiritual das plantas, relegándoo en pouco tempo case ao esquecemento. Este libro pretende ser unha homenaxe a ese uso "máxico-espiritual" relegado e ás meigas, feiticeiras e meigos, que, co seu bo facer, axudaron e axudan aínda hoxe en día a tantas persoas. Con todo, non está de máis ter en conta que a natureza é unha arma de dobre fío e, por iso, espero que saibades empregar este Compendio non como un manual de consulta, para iso hai outros libros, senón como un achegamento a un aspecto tan importante da nosa tradición cultural, real-fantástica.

Dimensiones: 24,5 (alto) x 23,5 (ancho)

Nº de páginas: 116

Isbn: 9788499950464
Referencia: 001006540317168
EAN: 9788499950464
Editorial:
BAIA EDICIONS
Fecha de lanzamiento:
4 de diciembre de 2012
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
AVENTURAS DE VIVIR
Título original:
COMPENDIO DE HERBAS MAXICAS

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.