Foto de CARLOS MOSTEIRO

CARLOS MOSTEIRO

  • Fecha de nacimiento (1956 - Actualmente)
  • Lugar de nacimiento SANTO ANDRÉS DE XEVE

A súa nenez era feliz. Tiña unha nai marabillosa que non tiña negro na súa paleta de cores de pintora da vida. Nos días previos ó nacemento do seu fillo andou a rezar día e noite e a untar a barriga con non se sabe qué herbas, para que o Carlos non viñese ó mundo no día de defuntos. E naceu ó día seguinte. Ten tantas lembranzas daquela época que non collerían nesta páxina... E logo e de súpeto os anos, os anos que empezan a pasar a velocidade de vertixe; maxisterio, escola, moitos lugares diferentes en pouco tempo: Tui, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Moraña e, finalmente, a Pobra do Caramiñal. E despois Lourdes e logo Lourdes outra vez e agora Lourdes aínda. E dous elementos -queridos e imprescindibles que lle enchen a casa de ruídos e que non o deixan a penas escribir: Xoán Silverio e Antía.