Exhortación á deasobediencia (Tapa blanda)

Características

Ética democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara á independencia, socialización, home novo/muller nova, nova cultura. Son os eixes reitores da Declaración de Láncara, que Xosé Manuel Beiras debullaba ao recoller o Premio Ramón Piñeiro Facer País en outubro de 2005. Dalgún xeito as súas palabras constituíron unha especie de texto fundacional, o pórtico de valores que, na esfera política, levaron a Beiras en compañía de moitas e diversas persoas a saír a navegar en mar aberto, a poñer os alicerces dun movemento sociopolítico de novo deseño que, no eido da sociedade política, cristalizou na creación de Anova-Irmandade Nacionalista e da coalición Alternativa Galega de Esquerda. Entre medias, unha crise sistémica como pano de fondo, na que tanto os modelos de Estado das autonomías e de Estado social e de dereito, como o modelo de economía social e de mercado e o modelo europeo entraron en esclerose irreversíbel. Non abonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre un movemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía do común, unha nova cultura política que practique a indignación e a desobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo e como motor da emancipación cara a una creba democrática co réxime existente, emanado da Segunda Restauración Borbónica. Cómpre reclamarmos o imposíbel: só é utópico aquilo que non se loita por acadar.

Dimensiones: 21 (alto) x 14 (ancho)

Nº de páginas: 108

Isbn: 9788484872351
Referencia: 001006521138815
EAN: 9788484872351
Editorial:
LAIOVENTO
Fecha de lanzamiento:
10 de diciembre de 2013
Género
Ensayo
Idioma:
Portugués
Colección:
CADERNOS DE ENSAIO
Número de colección:
305
Número de edición:
1
Título original:
EXHORTACION A DESOBEDIENCIA

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.