Sementes de papel

Características

Escrito e ilustrado por Bea e Silvia Gil, Sementes de papel conta a relación entre dúas mozas e o bosque onde viven. Naia ocupouse sempre de coidar das árbores e dos animais. Pero os anhelos máis profundos de Eyla romperán o equilibrio do lugar. Do enxeño e do amor pola natureza xurdirá unha solución que lles axudará a salvar a preciosa paisaxe. Sementes de papel é una fábula ecoloxista que intenta espertar a curiosidade das nenas, dos nenos e dos adultos cara a un tema vital na educación e na situación do planeta, o respecto pola natureza. A historia alértanos de que cómpre tomar conciencia da importancia crucial que teñen os bosques. E ao mesmo tempo é esperanzadora, xa que os verdadeiros protagonistas do conto, as árbores e os animais, non desaparecen malia que a súa supervivencia corre un grave perigo. Seremos nós quen de salvarmos os habitantes ancestrais da terra, as árbores?

Dimensiones: 27,7 (alto) x 23,5 (ancho)

Nº de páginas: 38

Isbn: 9788499950778
Referencia: 001006539636677
EAN: 9788499950778
Editorial:
BAIA EDICIONS
Fecha de lanzamiento:
16 de enero de 2014
Subgénero
De 6 a 9
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Castellano
Colección:
INFANTIL-XUVENIL
Ilustrador:
Gil, Silvia
Título original:
SEMENTES DE PAPEL

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.