Descrición do produto No Colexio San Pulcro todo é perfecto: o alumnado nunca chega tarde, as mochilas están impecables, ninguén fala sen permiso e nunca ocorre nada inesperado. Ata que unha pequena mosca entra pola ventá. O que parecía unha simple visita acaba converténdose nunha divertida revolución que poñerá a escola patas arriba e lembrará a pequenos e maiores que aprender tamén significa xogar, experimentar, rir, equivocarse e manchar as mans. Un álbum cheo de humor e ironía que invita a mirar a infancia e a escola con outros ollos, escrito por Maestra de pueblo e ilustrado por Puño. Resumo do produto No colexio máis ordenado do mundo nunca ocorre nada inesperado... ata que unha pequena mosca entra pola ventá e o pon todo patas arriba. Unha divertida historia sobre a escola que nos lembra que xogar, experimentar, equivocarse e mancharse tamén é aprender.
Dimensiones: 300 (alto) x 240 (ancho) / Nº de páginas: 40