Por que? (Tapa dura)

Características

Fronte á barbarie da guerra, un libro visual que alenta as persoas a seren promotoras do diálogo, da tolerancia, da convivencia e da paz. O despropósito da guerra, a violencia, a vinganza, a devastación e a morte asómanse en toda a súa crueza ás páxinas deste libro visual; unha fábula que comeza coa bucólica estampa dunha ra gozando do arrecendo dunha flor, ata a irrupción dun rato que a ataca para quitarlla. Xorde daquela unha loita entre dous bandos cada vez máis numerosos en individuos e medios bélicos que dá lugar a emboscadas e bombardeos. Dun prado florido, a un lugar desolado; dunha minucia, a un gran conflito sen mediar nin unha soa palabra. A Segunda Guerra Mundial deixou unha fonda pegada na nenez de Nikolai Popov: o avance do exército nazi sobre a Unión Soviética, as bucinas marcando a apresurada fuxida da poboación aos refuxios, xogar entre os restos das bombas sen comprender o seu efecto letal ata que unha estalou nas mans doutro neno, o recordo dos soldados mutilados volvendo trala rendición alemá& Pero sería a obra de Tolstoi, Dostoievski, Hemingway e Remarque o que decantou a ideoloxía pacifista do autor de &Por que?&. Esta edición de KALANDRAKA recupera a versión orixinal da obra, sen texto. Porque as ilustracións, de estilo clásico, teñen un gran poder comunicativo e narran visualmente a historia, ata extremos sorprendentes pola súa capacidade para reflectir o galopante delirio militarista e destrutivo. Fronte á barbarie, o propio autor alenta os lectores a seren promotores do diálogo, da tolerancia, da convivencia e da paz.

Dimensiones: 23,5 (alto) x 19 (ancho)

Nº de páginas: 40

Peso: 324 g

Isbn: 9788484643678
Referencia: 001006539929098
EAN: 9788484643678
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
5 de febrero de 2018
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.