Kalevala é a ''epopea nacional finlandesa'' compilada por Elias Lönnrot, marcada coma un fito da literatura finesa e como un dos grandes traballos en verso da literatura universal. A primeira edición do Kalevala publicouse en 1835, tras viaxar o seu compilador por todo o país recollendo pezas folclóricas finlandesas entre 1828 e 1834. Cando se publicou esta obra, Finlandia era un gran ducado autónomo, pero ata 1809 fora parte do Reino Sueco. Deste xeito, o Kalevala converteuse nun símbolo da cultura, lingua e do pasado de Finlandia e contribuíu a construír a identidade do país. A lenda, o mito e a evocación poética enlázanse perfectamente no Kalevala, erixindo un mundo habitado por heroes de carne e óso, que oscilan entre o humano, o divino e o esperpéntico. Por iso os actos dos personaxes do Kalevala están ateigados de extravagancias e deslices humanos.
Dimensiones: 22 (alto) x 14,5 (ancho) cm / Nº de páginas: 430