Identidade e universalidade. Lecturas da pintura galega

Características

Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura galega da primeira metade do século pasado, con especial atención ao papel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes. A primeira parte do volume insire un estudo sobre a función da retratística na modernización da pintura galega desde fi nais do século XIX até mediados do XX, desde a Xeración Doente até Laxeiro, Eugenio Granell, Maruja Mallo ou Seoane. A segunda parte está dedicada a estudos sobre algunhas das fi guras centrais do movemento renovador da arte galega, os chamados Os Novos: Maside, Souto e Colmeiro, focalizados en boa medida desde a perspectiva dos xéneros. Alén diso, ao longo de todo o libro quérese salientar que boa parte da pintura galega desta tempo é elaborada desde un proxecto rexenerador na perspectiva nacional e cun forte compromiso social e que este discurso non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados realismos de entreguerras. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade, vía primitivista, é unha das receitas. No caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco a principal fonte de inspiración e un elemento activo na renovación estética.

Dimensiones: 21 (alto) x 14 (ancho)

Nº de páginas: 128

Isbn: 9788484873860
Referencia: 001006521157211
EAN: 9788484873860
Editorial:
LAIOVENTO
Fecha de lanzamiento:
21 de marzo de 2018
Subgénero
Historia de la Literatura
Género
Literatura
Idioma:
Gallego
Número de edición:
1
Título original:
IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE.LECTURAS DE

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.