Un dous tres, vampiro ti es

Características

Despois do premiado &Un dous tres, que ves?&, esta nova proposta segue apostando pola dimensión lúdica do libro e da lectura, co tándem texto-ilustracións como fórmula para recoñecer palabras e imaxes a través da rima e do ritmo. Este libro presenta un esquema baseado na repetición e o xogo encadeado de personaxes extraños e desgarbados en diferentes situacións e actitudes. Nesta ocasión, a galería de figuras que se asoman a estas páxinas destaca polo seu aspecto aparentemente inquedante: vampiros, pantasmas, monstros e esqueletos súmanse a animais a primeira vista desagradables, perigosos ou asociados á mala sorte como arañas, carrachos, serpes, tiburóns, crocodilos, gatos negros ou morcegos. Con todo, proxectan unha ollada tenra, afectuosa e burleira que nos atrapa e fainos sorrir.

Dimensiones: 17,5 (alto) x 22 (ancho) / Nº de páginas: 20 / Peso: 314 g

Isbn: 9788484643937
Referencia: 001006540053698
Editorial:
KALANDRAKA GALLEGO
Fecha de lanzamiento:
31 de octubre de 2018
Subgénero
De 0 a 2
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.