O mundo en que vivín

Características

Cunha escritura sobria e transparente, e a través de breves episodios, esta novela condúcenos, nun in crescendo de emocións, desde a primeira infancia rural dunha nena xudía en Alemaña &cara ao final da Primeira Guerra Mundial& ao incremento das crises (inflación, desemprego, aumento da influencia e vitoria dos Nazis) [...] e a un desenlace sorprendente. Hai unha felicísima imaxe simbólica, que é a do lento avanzar dunha tormenta que acaba por estar&xusto enriba de nós&. Asistimos a rituais xudaicos públicos e domésticos, a unha clara atracción alternativa entre a emigración a Estados Unidos e o sionismo. Queda o lector simul- taneamente sorprendido pola correspondencia e polas diferenzas entre a adolescencia e a vida adulta en medios culturais moi diversos, pois hai miradas á vida luterana, á católica ou ao agnosticismo, na marxe da experiencia xudaica ortodoxa. Aparecen figuras familiares de corte nítido: os avós da vila; o pai, tratante de cabalos, fustrigado polos antisemitas e falecido de cancro; os tíos progresistas Franz e Marie; o avó Markus; a amorosa avoíña Ester; Paul (o mozo case namorado que se deixa intimidar polo ambiente); Karl (o mozo aniquilado de amor, culto e firme nas súas conviccións). A acción deséñase nunha sucesión de fases biográficas progresivamente dramáticas coas que acabamos por participar dun destino, ao mesmo tempo moi singular e moi típico, que ben nos podería suceder.

Dimensiones: 21 (alto) x 14 (ancho) / Nº de páginas: 256 / Peso: 500 g

Isbn: 9788494984310
Referencia: 001006523510953
Editorial:
HERCULES EDICIONES
Fecha de lanzamiento:
14 de marzo de 2019
Subgénero
Novela Española e Hispanoamericana
Género
Novela - Narrativa
Idioma:
Gallego
Traductor:
Tarrío Varela, Anxo
Colección:
SEN FRONTEIRAS
Número de colección:
1
Número de edición:
1
Título original:
O MUNDO EN QUE VIVIN

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.