Tolstoi di no comezo de Anna Karenina «Todas as familias felices se parecen&». Eu engadiría: «Todas as familias, felices e infelices, son parecidas, porque en todas elas hai luces e sombras». Esta é a historia de un home e unha muller, coma tantos miles, que emigraron a América e formaron unha familia; na súa cabeza sempre estivo «volver», pero non sabían que o regreso sería máis duro que a marcha. É unha historia, como moitas das que se formaron alén mar, con segredos inconfesables, secasí& «cada familia asume as súas ilexitimidades e inmoralidades como pode». Pero, sobre todo, é ha historia de catro mulleres que asumiron cada unha dun xeito diferente o seu papel secundario, un chanzo o varios debaixo do papel principal reservado só aos hombes.
Dimensiones: 140 (alto) x 210 (ancho) / Nº de páginas: 144