O País do Gran Furado (Tapa dura)

Características

Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019). «O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade. Ademais, a resolución de conflitos desde unha perspectiva pacifista e a través da palabra, nunha historia na que Toribia e a súa banda de punk son quen de axudar a outras mulleres, é outro dos grandes acertos deste texto paródico, distópico e humorístico». O conto emprega a poesía narrativa como recurso moi apropiado para que o público lector ao que vai dirixido (nenas e nenos de 3 a 8 anos) interiorice máis facilmente a mensaxe da súa historia. *** MAXI-miliano é un tirano que mantén o seu país con man dura, prohibindo a poesía, a alegría e a felicidade das mulleres. No norte do país rebélase Toribia, unha muller de armas tomar, poeta, revolucionaria e líder dun grupo de rock & roll. Con intelixencia, poesía e perdices consegue transformar a sociedade e alcanzar a igualdade entre mulleres e homes.

Dimensiones: 19 (alto) x 15 (ancho)

Nº de páginas: 30

Isbn: 9788499953243
Referencia: 001006539697935
EAN: 9788499953243
Editorial:
BAIA EDICIONS
Fecha de lanzamiento:
22 de noviembre de 2019
Subgénero
De 3 a 5
Género
Infantiles
Idioma:
Gallego
Colección:
INFANTIL-XUVENIL
Subcolección
CONTO X CONTO
Número de edición:
1
Ilustrador:
López Vázquez, Noemí
Título original:
O PAIS DO GRAN FURADO

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.