Antídoto (Tapa blanda)

Características

INCLÚE A "LISTA DA COMPRA DA VIÚVA", PREMIO INTERNACIONAL JOVELLANOS AO "MELLOR POEMA DO MUNDO" (2017) Os novos e premiados versos de Emma Pedreira. Unha edición bilingüe galego-castelán, ilustrada, na que a poeta reflexiona sobre as soidades non escollidas. A obra inclúe a Lista da compra da viúva, poema que recibiu en 2017 o Premio Internacional Jovellanos como El mejor poema del mundo. O libro resultou gañador en 2017 do Premio de Poesía do Concello de Vilalba. Emma Pedreira é unha das máis inspiradas, singulares e premiadas voces da actual poesía galega. Encadrada na coñecida como Xeración dos 90, estreouse cos versos do Diario bautismal dunha anarquista morta (1999). Dúas décadas despois recibe o Premio da Crítica (2017) e o Premio Xerais de Novela (2018). En todo este tempo foi tecendo ata unha ducia de libros de poemas (sempre premiados) onde destila a súa visión fonda, crítica, inspirada e feminista da vida. Antídoto recibiu en 2017 o premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa renovada edición nº XLIII. Sae publicado agora en versión bilingüe galego-castelán e ilustrado por Xulia Nieto. A poeta reflexiona nestes versos sobre as soidades non escollidas. Escrito dende a dor, busca a luz na palabra, nun verso que camiña libre, pleno de potencia expresiva. Entre os poemas que integran esta obra figura a Lista da compra da viúva, composición que recibiu en 2017 o Premio Internacional de Poesía Jovellanos como El mejor poema del mundo.

Dimensiones: 19 (alto) x 14 (ancho)

Nº de páginas: 142

Isbn: 9788416460410
Referencia: 001006523613369
EAN: 9788416460410
Editorial:
ALVARELLOS
Fecha de lanzamiento:
25 de marzo de 2020
Subgénero
Manuales y Ensayos
Género
Deportes y juegos
Idioma:
Gallego
Colección:
LIBROS DO SARELA
Número de edición:
1
Ilustraciones:
Color
Ilustrador:
Nieto, Xulia
Título original:
ANTIDOTO

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.