
Operaciones auxiliares de gestión de tesorería
- Autor/Autora:VARIOS AUTORES
- Editorial:THOMSON PARANINFO
Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Auxiliares de Xestión de Tesouraría, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro. Operacións auxiliares de xestión de tesouraría iníciase cunha introdución ao sistema financeiro español que facilita o coñecemento dos instrumentos e mercados, así como das institucións que operan en dito sistema. A continuación, trátanse os medios de cobramento e pagamento, e diferentes elementos de control de tesouraría. Deseguido, explícanse os cálculos propios das operacións financeiras, desde as leis de capitalización simple e composta ou o desconto comercial, ata as rendas e a liquidación de préstamos. O libro remata cunha parte dedicada ás operacións de seguros. Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas actividades resoltas e exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación (tests para a toma de conciencia do grao de dominio da materia), e de ampliación (casos propostos con solución final). Así mesmo, achéganse ao longo das diferentes unidades actividades propostas, para que o profesor dispoña dunha ferramenta adicional que complemente a explicación teórica. En definitiva, Operacións auxiliares de xestión de tesouraría contén a formación necesaria para habilitar o alumnado para a realización das operacións administrativas propias do procedemento de xestión de tesouraría necesarias para a adecuada dirección financeira da empresa. O autor, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, conta con máis de 20 anos de experiencia profesional na docencia de Formación Profesional e Bacharelato da rama Administrativa. Ademais, desempeñou cargos directivos durante varios anos e, actualmente, compaxina a actividade docente coa Coordinación de Programas Internacionais, xestionando prácticas laborais no estranxeiro para alumnos de ciclos formativos.
Dimensiones desde: 240 (alto) x 210 (ancho) / Nº de páginas desde: 284 / Peso desde: 760 gr
- Editorial:
- THOMSON PARANINFO
- Fecha de lanzamiento:
- 8 de mayo de 2020
- Subgénero
- Formación
- Género
- Enseñanza, de texto y diccionarios
- Idioma:
- Gallego
- Colección:
- ADMINISTRACIÓN Y GESTIÓN
- Colección descripción:
- Administración y Gestión
- Número de edición:
- 1
- Título original:
- OPERACIÓNS AUXILIARES DE XESTIÓN DE TESO