Granito (Tapa blanda con solapas)

Características

Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. Fronte ao concepto de novela de non ficción, tan vencellada ao escritor Truman Capote en "A sangue frío", Álex Alonso aposta aquí pola ficción, iso si, elaborada a partir dun enorme traballo de documentación xornalística. "Granito" conta o salto ao baleiro de dous seres que xa levaban o fracaso marcado nas súas costas, nunha acción completamente improvisada, sen reflexión nin preparación previas: a acción case suicida de dous policías que non tiñan nada que perder. Ao mesmo tempo, a novela convértese nunha crónica sentimental, case documental, dos anos noventa en Galicia. En "Granito" Álex Alonso racha cunha convención nunca cuestionada na ficción galega ao reproducir no propio diálogo dos personaxes a nosa realidade sociolingüística. Unha novela trepidante, intensa e reveladora.

Dimensiones: 230 (alto) x 160 (ancho)

Nº de páginas: 568

Peso: 729 gr

Isbn: 9788491217534
Referencia: 001006523651039
EAN: 9788491217534
Editorial:
EDICIONS XERAIS DE GALICIA
Fecha de lanzamiento:
8 de octubre de 2020
Subgénero
Novela Española e Hispanoamericana
Género
Novela - Narrativa
Idioma:
Gallego
Idioma original:
Gallego
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Colección descripción:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Número de edición:
1
Título original:
GRANITO

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.