Tres poetas en estado de alarma (Tapa blanda)

Características

E no medio desta cacofonía, desta enxurrada de información (onde se atopa a verdade?), desta confusión e deste caos, xorden tres mosqueteiros que mudan a espada pola pluma dos seus sombreiros de aba ancha e transforman a arte da esgrima para mudala de ritual clasista en esgrima gramatical, defendendo así á estirpe que os criou, que fixo deles seres adultos e autónomos. Como eremitas retornados ás súas covas do deserto (neste caso ficticias) foron producindo reflexións aceiradas, salmos, metáforas e alegorías, pequenos poemas cal espiñas dunha coroa de sufrimentos e eivas descubertas, mais tamén de iluminación e aprendizaxe (que na fin son etapas da madureza persoal). Eses tres mosqueteiros, eremitas ou simplemente cidadáns libres son neste caso Vítor Vaqueiro, Xosé María ÁlvarezCáccamo e Carlos Negro, un trío de ases nos que un pode confiar (palabra de D&Artagnan) Contamínense de Xosé María, de Carlos e de Vítor, celebren a escrita sen fronteiras. Contemplen o por-do-sol, respiren conscientemente e sigan as súas intuicións mentres reflexionan no que aqui leron e no que se atopen nos corredores do seu labirinto propio, Minotauros, bestas ilustradas debullando a xelatina dos días. Xavier Queipo, Bruxelas, Xuño 2020

Dimensiones: 21 (alto) x 14 (ancho)

Nº de páginas: 104

Isbn: 9788484874782
Referencia: 001006534263543
EAN: 9788484874782
Editorial:
LAIOVENTO
Fecha de lanzamiento:
16 de febrero de 2021
Subgénero
Lingüística - Filología
Género
Filología
Idioma:
Castellano
Colección:
VENTOALTO
Número de colección:
9
Número de edición:
1
Título original:
TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA

Recogida en tienda gratis

Información del cargador

No incluye adaptador

El adaptador de corriente debe adquirirse por separado.